Willie Nile

Abril 15, 2015

nota:
Willie Nile: voz, guitarra, piano; Jorge Otero: coros, guitarra, mandolina, dobro…; Danny Montgomery: batería, percusión.

Willie Nile
O músico de NY regresa a España cun novo disco baixo o brazo, If I Was a River, o décimo terceiro da súa carreira, distinto a todo o anterior na mesma. O 15 de abril comezará unha longa xira que o levará por varios recunchos de España, onde non faltará nin a emoción nin o espírito que Willie sempre entregou en directo. Deus bendiga a John Lennon. Un disco que sorprenderá a tódolos seus fans.

“Willie Nile é un dos derradeiros crentes no auténtico rock ‘n’ roll”. THE TOLEDO BLADE. Feb. 4, 2015.

“Mestre nas virtudes intemporais da destreza melódica, a perspicacia lírica e o compromiso emocional, Nile presenta algúns dos traballos máis cheos de forza e personalidade da súa carreira”. THE LOOP Jan. 30, 2015.

“O intérprete e cantautor neoiorquino Willie Nile tivo o público ós seus pés desde o mesmo instante en que se ergueu o pano”. ROLLING STONE. Jan. 18, 2015

AXENDA

Club Clavicembalo, Lugo.