Wild Balbina, Grampoder e La Bande Ornythorinque son as primeiras confirmacións para a Romaría Pop 2013!

Maio 23, 2013

nota :

Tamén se presentará o proxecto Bababum – “As Vacacións”: Un caderno de actividades e un disco para desfrutar en familia.

A Romaría Pop, a unión de música pop e o mellor ambiente festivo herdeiro das romarías tradicionais, comeza coas confirmaciones das dez bandas galegas que tocarán no festival que celebrará a súa segunda edición o sábado 15 de xuño no Parque de Belvís, de Santiago de Compostela. Trátase de tres bandas moi especiais que ademáis de tocar no festival por pleno dereito, tamén participarán na presentación do Bababum – “As Vacacións”, un caderno de actividades para nenos que se presentará na Romaría Pop.

Por unha banda contaremos con Wild Balbina, un xovencísimo grupo vigués que irrompe na escena independiente cun marcado estilo que recorda aos grupos de chicas californianos na estela de Best Coast ou Vivian Girls. Por outra, gozaremos de Grampoder, ou o que é o mesmo, Le Roi e Martin Wu, que tras aventuras anteriores e presentes como The Homens, Fame Neghra ou Mato Grosso, agora practican unha sorte de rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico ou se cadra hardcore comeflores. Esta primeira tanda de confirmacións péchase có debut mundial de La Bande Ornythorinque, a conxunción de Álex Casanova (The Friendows, Álex Casanova) e Marvin B (Mequetrefe, Myrna Minkoff), que enriba do palco Pequemúsica da Romaría Pop esmiuzarán con desigual sorte versións arranxadas para a ocasión de bandas como AIR, Portishead, Kraftwerk ou Massive Attack, dando vida a un pequeno set dirixido aos máis pequechos.
Ademáis, este ano no Parque de Belvís poderemos coñecer un pouco mellor o discolilbro Bababum – “As Vacacións”, un caderno de actividades para nenos que conta coas ilustracións e o deseño de Cinta Arribas e María Ramos, e con cancións de algúns dos artistas galegos que máis están dando que falar, como Grampoder, Musel, Alex Casanova ou Wild Balbina, creando cancións orixinais para a ocasión. A presentación correrá a cargo do impulsor de este proxecto, Carlos Pereiro (Carlangas). Pero que ninguén espere pasar un anaco aburrido, xa que contaremos con varios invitados de luxo que nos farán pasar un divertido momento, entre os que estarán algúns dos grupos que aparecen no disco tocando en exclusiva estas refrescantes cancións.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores en Vigo, dentro do Festival Sinsal Primavera.Info aquí: abretedeorellas.com/event/chemtrails/www.youtube.com/watch?v=XGdmSs5SDl0&t=62s ... See MoreSee Less
Ver en Facebook