Wilco, Stray Cats, The B-52s e The Cult son as cabezas de cartel do Azkena Rock Festival 2019. 21 e 22 de xuño en Vitoria-Gasteiz

Xuño 01, 2019

Chega a maioría de idade para o Azkena Rock Festival, referencia estatal para o público máis rockeiro. Para esta décimo e oitava edición, queremos salientar canda o seu carácter temático, a presencia tamén de notabeis bandas da new wave estadounidense como The B-52s o venres 21 ou o post-punk británico dos Gang of Four, que veñen de suplir a baixa dos Melvins, o sábado 22. Estas e outras bandas ofrecerán a súa única actuación en España nesta tempada.

Ollo cos nomes e os espectáculos que traen: o venres os Stray Cats no seu 40 aniversario e novo disco, e Wilco co repaso á súa traxectoria e The Cult coa celebración do seu “A Sonic Temple”, Neko Case … o sábado. O resto do cartel non desmerece en rock, por suposto, e no ambiente e diversión da que sempre fala o público que se achega a Vitoria-Gasteiz: Tesla, Blackberry Smoke, The Living End, Lucero, Morgan, Starcrawler, Deadland Ritual, Phil Anselmo, Tropical Fuck Storm, Giante, Outgravity … E non esquezamos o palco Trashville, para as bandas máis primitivas, rudas ou auténticas se falamos de rock cláisoco e algo crápula.

O festival ten lugar no recinto Mendizabala, a menos de 10 minutos do centro da capital vitoriana.

Máis detalles na web do festival:

AXENDA

Facebook