nota:
Ciclo PLACERES OCULTOS
[organiza: Desconcierto Cultural]
Sábado 16 e Domingo 17 ás 20h
SPAIN + WES SWING
A banda SPAIN (sábado), coa súa resplandecente quietude, sempre rebosante de emocións e espiritualidade, deixaranos disfrutar do seu último e mellor traballo, máis tamén do aclamado The Blue Moods of Spain, referencia permanente entre os mellores discos dos 90.
Pola súa parte, WES SWING (domingo), tráennos unha mistura de moderno clasicismo europeo e a tradición sureña americana. Expresividade e melancolía para esta tarde de domingo.
Spain 10€/13€ – Wes Swing 7€/9€ – abono 15€/18€
Volve o ciclo Praceres Ocultos con concertos dos americanos Spain mañá sábado e Wes Swing o domingo
Spain (rock/pop) – sábado 16 20h (10/13€)
Wes Swing (folc) – domingo 17 20h (7/9€)
O Ciclo Praceres Ocultos de Desconcerto Cultural continúa co seu programación de outono cun fin de semana na Casa das Crechas pensado para a estación do ano na que nos atopamos. Spain (sábado 16 de novembro) e Wes Swing (domingo 17) serán os protagonistas de dúas tardes nas que gozaremos dos sons das pingas ao caer, os vidros empañados e as cálidas conversas en penumbra, arroupados por dúas coidadas propostas inéditas en Galicia.
O sábado 16, a música de Spain, coa súa resplandecente quietude, sempre rebosante de emocións e espiritualidade, faranos gozar do seu último e mellor traballo e do aclamado ‘The Blue Moods of Spain’, referencia permanente entre os mellores discos dos 90, nese magnífico recuncho de Compostela que é a Casa das Crechas.
Pola súa banda, o domingo 17, Wes Swing, cunha mestura de moderno clasicismo europeo en harmonía coa tradición sureña americana, contribuirá a evocar profundos sentimentos que se recollerán nas paredes de pedra e madeira do senlleiro local compostelano.
Trátase de dúas tardes, con dúas propostas independentes pero non por iso distantes, senón máis ben todo o contrario: converxentes en intención e xeograficamente próximas (ambas as dúas norteamericanas) e representantes dunha gran expresividade e melancolía. Dúas veladas, de feito, que prometen facer deste Praceres Ocultos un momento inesquecible en todos os aspectos.
As entradas poden adquirirse de forma independente ou a un prezo especial de formaconxunta na Casa das Crechas, A Reixa Tenda e Ticketea.com. Os prezos son:
Spain: 10€ anticipada 13€ en taquilla; Wes Swing: 7€ anticipada 9€ en taquilla. E o abono para os dous concertos: 15€ anticipada 18€ en taquilla.
WES SWING (US)
Pegado a un violín desde os catro anos, para finalmente decantarse polas bondades do cello na universidade, Wes Swing aproveita a súa formación clásica para construír delicadas miniaturas sonoras con melodías que, na súa propia voz, mecen ao oínte nun océano de sensacións case prenatais, demostrando que a música non ten que ser complicada e moitas veces, con pouco se consegue moito.
Algo como xuntar a Nickel Creek ou a Buddy & Julie Miller co Kronos Quartet ou mesmo, coma se de por arte de maxia se tratase, The XX terían desenvolvido a súa música no desértico sueste americano. Esta pode ser a sensación que nos logra posuír ao escoitar por primeira vez a ópera prima de Wes Swing, o marabilloso álbum “Through A Fogged Glass” (Wes Swing, 2010). Tamén presta unha coidada atención aos seus textos, outorgándolles unha calidade literaria influída polos clásicos sureños T.S. Elliot ou Ezra Pound.
No seu concerto de Santiago virá acompañado de Nelly Kate, unha das súas principais colaboradoras nesta marabillosa primeira entrega do músico de Fairfax, Virxinia, e virá presentando esta obra de tan suxestivo nome, “a través dun cristal embazado”, dentro dun estilo que el veu a chamar “altcellofolk”