nota:
Triple cita, triple de ruido.
O día un de novembro hai moito que celebrar. Por unha banda o albúm debut de Vuelve Zinc, “Entropía propia”;neste álbum a banda de rock alternativa barcelonesa (pero con membros galegos e portugueses). Vuelve Zinc beben do hoxe e do pasado, do punk de Camarón e do duende de Fugazi. Dos dentes podridos de Frusciante e de asimetría de Thom Yorke. Veñen dispostos a dalo todo sobre o escenario e facer moito ruido.
Por outra banda os acompañaran Power Burkas, vidos dende a escena de Vic baixo o paraugas da discográfica BCore; unha banda sen complexos, que bebe de moitos estilos e por iso mesmo é moi difícil encasillálos nun estilo, movéndose dende o punk ata o post hardcore. Estamos seguros que o seu último disco “Mai nego l’oci” faravos movelas cabezas.
Nesta cita non podería faltar o único grupo ferrolá comprometido co transhumanismo, a banda Robot humano. Metade robots/metade humanos, son un dúo de post-hardcore formado a principios de 2018 por Rober e Joako, pertencentes a outros sistemas operativos como Turbo Kraks, Kharma ou Membrillo Fanegas. En proceso de composición do seu primeiro EP, interpretan temas cargados de rabia e sentimento,influenciados por bandas como Viva Belgrado, Dance Gavin Dance ou Tiny Moving Parts.
O mesmo día as 12:00 no Cuerda Floja os tres grupos estarán perversionando os seus temas para ir abrindo o apetito de cara ó colofón nocturno ás 21:00 na sala Ruido”
https://vuelvezinc.bandcamp.com/
https://powerburkas.bandcamp.com/
Apertura de portas: 21:00H
Prezo: 8€ anticipada*/10€ na taquilla
*Venta anticipada en Vella Fábrica de lapis e no Café Cultural Maltés