Vudú “Vol. III”

Marzo 12, 2019

Cos medios xustos pódense facer cousas de calidade, ben dignas. Sempre e cando as ideas (neste caso cancións) teñan o seu aquel e o resultado estea ben rematado. Disto é un exemplo o “Vol. III” do proxecto de Belem Tajes (teclado e voz) e Maritxinha (baixo e loops). Só contaban con dúas coleccións máis breves (EPs) de cancións, algúns videoclips e, iso si, moitos concertos, pero sementaron sen présa nin pausa a súa boa sona. Até o punto de ser recoñecidas co Premio Martín Códax de Músicas ao Vivo na categoría de blues, funk, soul … porque é a esas sonoridades onde levan versos tradicionais ou do folk. De aí a etiqueta de “soulk” que acompaña decote as súas mencións.

Neste “Vol.III” recrean “Eu chorar, chorei”, “Moreniña”, “Xa me dixo”, “Palmira”, “Corasón” … con xeito e/ou “groove” e tamén saen airosas de daren outra vida a unha peza tan emblemática coma “Unha noite …” de Chané sobre versos de Curros Enríquez … .. Xa asinan temas propios que podemos tomar coma avisos de próximos movementos estilísticos. O exemplo máis claro é o achegamento ao hip-hop de “Coucou”, onde se acompañan dunha referente galega nese estilo coma Wöyza. En “Lingua” amosan sensibilidade e compromiso para coas linguas minorizadas e non podo deixar de salientar a sinxela e fermosa “Preludio de Lúa Awel”, adicada á Lúa, filla de Ugia Pedreira e afectada de microcefalia e parálise cerebral.

Unha mágoa que a edición do disco non sexa o brillante que merece o contido, coa produción correcta por Nicolás Vieites e colaboracións ben atinadas, como o saxofón de Nata Álvarez en “Xa me dixo”, as percusións de Adrián Seijas e as guitarras do propio Vieites. As Vudú teñen gusto, cantan e tocan moi ben, e por riba andan sobradas de encanto nos seus concertos. Coñecelas é querelas, parafraseando aquel “To Know Them is to Love Them” dos Teddy Bears de Phil Spector.

Pepe Cunha, 12-marzo-2019

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook