nota:
VUDÚ + SOFÍA ESPIÑEIRA ( Venres 27 Septembro . A partir de 22:30h. 9€. )
Garufa Club Agadic #RedeGalegaDeMúsicaAoVivo
Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-
VUDÚ ::
son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.
Vudú nace na Coruña no ano 2016, e gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña. Gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por “Eu son VooDoo” no certame Musica Xove. No 2017, despois dunha nova andadura de concertos presentando o formato dúo, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novas formas de directo. O seu segundo EP, foi gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero e foi autoeditado no verán de 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man.
Veñen de gravar o seu primeiro disco ( Vudú Vol. III) que foi presentado en decembro de 2018.
SOFÌA ESPIÑEIRA::
Músicas que saen de dentro e de fóra, de sentimentos polos que a vida nos leva e de anécdotas e situacións da cotidianeidade. Entre íntimo e público, entre raibas, dores, alegrías e risas, Sofía Espiñeira irá mudando as emocións e as historía ó tempo que mudan os tirmos da súa guitarra, mergulando ó público nun sentir común.