nota:
O dúo feminino VooDoo nace en 2016.
Maritxinha no baixo e loops e Belém Tajes, teclado e voces. Un ano antes graban en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por “Eu son VooDoo” no certame Musica Xove.
No 2017, despois dunha nova andadura de concertos presentando o formato dúo, VooDoo gaña o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novos formatos de directo. Acaban de grabar o segundo EP en Abrigueiro Estudos, da man de Arturo Vaquero e sairá en formato físico no outono.
VooDoo son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente do Soul e R&B.
VooDoo é unha música íntima, elegante para grandes e pequenos momentos.
Poderedes disfrutar de VooDoo o día 22 de setembro na Casa Do Fol a partir das 20:30