Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso, con nova formación e novo repertorio.
A principios de 2012 comezará a gravación do que vai ser o séu sexto traballo discográfico que incluirá duas novidades importantes:
Por unha banda, o disco contará coa colaboración de moitos dos alumnos e ex-alumnos da Escola Livre de MPG (aCentral folque).
Por outra parte, Os Cempés fan un chamamento a tod@s os séus fans a apoiar económicamente o proxecto mediante microfinanciación. Desde o sitio verkami.com os seguidores do grupo poderedes facer pequenas aportacións económicas, a cambio de atractivas recompensas: desde un disco ou unha entrada para un concerto ata un concerto dos Cempés na túa propia casa con percebes recollidos e cociñados diréctamente para ti por Serxio Ces, vocalista da banda.
Desde hoxe, o grupo dispón de corenta días para recaudar a financiación necesaria. Se acadan a cantidade desexada o proxecto vai para adiante, faranse efectivas as aportacións, e os mecenas recibiredes as vosas recompensas, se non, as aportacións non se farán efectivas e terán que buscar outra forma de financiar o disco.
Durante estes corenta días poderedes seguir a evolución do proceso, contactar cos Cempés, facerlles chegar críticas e opinións a través de verkami.com