volve o Atardecer no Gaiás [9 xullo ao 13 setembro]

Xullo 02, 2020

nota:

Velaquí unha nova edición de Atardecer no Gaiás! Urxíanos pórlle música aos solpores do verán, aínda que esteamos nun estío diferente. Por iso, o ciclo de concertos de balde ao aire libre da Cidade da Cultura adáptase nesta ocasión ao que “a nova normalidade” nos esixe; formatos máis pequenos reducindo a capacidade de asistencia para gozar desta experiencia coa seguridade de que se están a cumprir as medidas sanitarias de protección e de distancia social.

No entanto, isto non vai impedir escoitar ao vivo todos os xoves ao caer o sol a mellor música da escena galega nun amplo repertorio de estilos, no que non faltará pop, jazz, soul, flamenco, indie, tradi ou incluso trap con Fon Román, Verto, Xoana, Guadi Galego, Quintento Nós, dani, Budiño e Son Trío.

Fon Román | 9 xullo
Verto | 16 xullo
Xoana | 23 xullo
Guadi Galego | 6 agosto
QuintetoNós | 13 agosto
dani | 20 agosto
Budiño | 27 agosto
Son Trío | 3 setembro

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook