Voces de Ultratumba

Setembro 23, 2022

nota:

“Voces de Ultratumba”, a primeira banda punk galega integramente composta por mulleres, regresa ós escenarios 35 anos despois reivindicando a súa esencia ochenteira e o seu presente interxeneracional. E nesa volta, farán parada en #Neda para ofrecer un dos seus potentes concertos. Será o venres 23 de setembro, a partir das 20:30 horas, no paseo marítimo, no porche do Albergue de Peregrinos.

Daquela banda dos 80 permanecen tres das fundadoras: Chus Taboada; Marisé Izquierdo e Eva Izquierdo, ás que se unen no seu regreso Maritxu Alonso e Nuturk. Así mesmo, os selos Ferror Records, Uterzine e Educación Cínica rescatan as súas gravacións orixinais para editalas en formato físico por primeira vez, facendo bo que nunca é tarde para coñecer e divulgar a mulleres pioneiras da historia musical galega. Organiza Ferror Records coa colaboración do Concello de Neda.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Casa da Cultura, Neda.
De balde.