Vituco Neira (acústico)

Decembro 30, 2017

nota:

SÁBADO 30 21:00 3€
VITUCO NEIRA – ACÚSTICOS
Cancións espidas que falan da vida cotiá. Da noite da vella Compostela, das pantasmas que asoballan e dos recunchos en forma de paraíso. De Jameson e auga, de anxos, diaños e bailes premonitorios de exorcismos necesarios. Cancións luminosas e escuras debuxadas a cara de can nun concerto espido lonxe dos watios e dos excesos decibélicos. De Aríns para o mundo pasando por labirintos de veleno, espiñas e caramelos. Sen medidas, sen matemáticas, sen arames e sen reloxos rompéndonos a cabeza.
Cara a cara coma os vellos púxiles, sen caretas nin maquillaxe, co pouso de máis de 25 anos de carreira musical e a cabalo dun repertorio de cancións inéditas, algunha versión e moita amizade ao carón.
Sobre todo amizade. Noite para brindar polos que xa non están e polos que quedamos aquí. Noite para celebrar o paso do tempo, lembrar que latexamos, que estamos vivos, activos e sempre unidos con luz e ilusión fronte a toda a toxicidade que nos rodea.

Entrada: 3 €

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores en Vigo, dentro do Festival Sinsal Primavera.Info aquí: abretedeorellas.com/event/chemtrails/www.youtube.com/watch?v=XGdmSs5SDl0&t=62s ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
3 €