nota: (entrada de balde, previa reserva de convite en reservascrechas@gmail.com)
VÍTOR RAMIL + Tres Peixes Voando
Cantos na Maré, o festival internacional da lusofonía que celebra este ano a súa XI edición, tráenos a Vítor Ramil. O brasileiro está de dobre estrea, xa que acaba de editar o seu Songbook e, ao mesmo tempo, o disco “Foi no mês que vem”, con 32 cancións das 60 que integran ese songbook. As dúas obras presentaranse nunha emisión especial do programa Tres Peixes Voando da Radio Galega, dirixido por Xabier Díaz e Guille Fernández que ademáis, xunto a Guadi Galego, acompañarán a Ramil nalgúns dos temas que interpretará en directo na Casa das Crechas.