Virandeira Folk

Maio 12, 2016

nota:

Virandeira Folk prosegue adiante na súa andaina polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 cO seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes: folk, rock, jazz, clásico… Virandeira Folk son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Alex García (batería).

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
3 €