víctor sánchez “yo quemé a gram parsons”

Febreiro 01, 2013

Se nos din que o guitarrista dunha banda vai sacar disco en solitario, deseguido pensamos nun exercicio de estilo para lucimento da súa pericia instrumental. Mais este “secundario de luxo”, concretamente por escudeiro de don José Ignacio Lapido, preséntase como compositor de cancións, cada unha coa súa personalidade e sen solos prolongados. Descubrimos un vocalista crible, persoal, deses que sen poseer unha voz notable tira máis por un fraseo narrativo, ese xeito de cantar que partiu de Bob Dylan, e ten en castelán uns Ariel Rot, Calamaro, Quique González e, por suposto, o mestre José Ignacio Lapido, do que aprendeu a asinar letras elegantes, aínda que sen o torrente de metáforas e referencias.

Para que non falte unha interpretación á altura, acompáñase dunha boa representación da escena granadina: Antonio Lomas e Miguel López (Lori Meyers, Grupo de Expertos Solynieve), Raúl Bernal (Lapido, Jean Paul, Grupo de Expertos Solynieve) e colaboracións de Popi González (Lapido, Los Angeles) e o mesmo Jose Ignacio Lapido. Soan a banda de rock sólida, sempre sobre o eixo dunha base rítmica auténtica (estupenda batería en “El rescate”), co brillo ás veces para a guitarra acústica (“De la paz”), outras para as teclas de Raúl Bernal (“Níscalo”)

“Yo quemé a Gram Parsons” é unha excelente carta de presentación que, unha vez constatada a factura dos seus vinte minutos de duración, sabe a pouco. Consegue un son ben acaído, procurado por alguén que xa participou en mil e un proxectos e gravacións, que ten as influencias e as ideas claras. Alguén capaz de marcarse con solvencia dúas cancións pop como “El rescate” e “El contrato”, outro par de amor coma “Níscalo” e “Una razón de fe”, elegantes, alonxadas do ñoñerío frecuente e sen encher co típico solo. Para pechar, dous medios tempos como “Entre hilos”, onde os instrumentos si se extenden máis que o texto, e a dylaniana “De la paz”. Sabiamos que Víctor Sánchez era un notable guitarrista, dos que saben que ser comedido tamén é unha gran virtude, pero agora demostra que tamén é quen de facer boas cancións, o que en realidade importa.

Edita a tamén debutante El Egipcio Records.

Pepe Cunha, 8-febreiro-2013

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

12 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook