Víctor de Diego Trío

Maio 03, 2013

nota:

Victor de Diego Trío é a nova proposta do saxofonista Victor de Diego, que atopa un vehículo e expresión diferente da súa proposta habitual de cuarteto. Ofrece unha música na que a liberdade, a frescura e a interactuación entre os músicos son as súas características máis importantes. O trío interpreta música de grandes compositores de jazz e temas e arranxos propios, sempre baixo unha visión persoal condicionada pola ausencia de instrumentos armónicos de maneira que o resultado é unha música creativa, directa e interactiva.
Victor de Diego, saxo tenor e soprano
Jordi Gaspar, contrabaixo
Gonzalo del Val, batería

Facebook

23:30 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.