Sen lugar a dúbida, Víctor Coyote é un dos personaxes máis multifacéticos do pop español. Ademais de músico, pintor e deseñador, sempre deixando a súa impronta persoal alonxada de modas (ou adiantada, como cando os Coyotes eran referencia única de mestizaxe e conciencia latinoamericana). Con calma na súa faceta musical, polo menos no que a editar se refire (o anterior álbum “Lucha de migajas” editouno BOA no 2000), este tudense que pasa dos cuarenta, cunha frescura que moitos envidiarían, edita cinco novos temas máis directos do que cabería agardar, se é que alguén sabe por onde vai saír esta artista. Unha vez máis, lúcido nas letras dun mini-álbum máis accesible nas melodías, cercano, roqueiro. Resumindo: “Azcona 16”, “Bastante, bastante”, “Yo, que creo en el diablo”, “Sólo por el ruido” e “Familiar” conforman o disco novaoleiro que non asinou cando sería máis previsible, a principios dos 80. Porque así é este señor Coyote que nos deixa con ganas de máis pezas coma estas cinco. Grazas ao artista, a Munster Records por editalo e a Flor Chihuahua pola súa atención.
Pepe Cunha (mediados de 2004)