Víctor Coyote

Decembro 05, 2014

nota:

… Igual ocorre co “ser de río”. Os extremos románticos serían o mar e a montaña, que teñen máis carácter e lenda.

Son desas persoas de medio pelo que son de pobo e de río. Odio o mediopelismo cultural, pero non pertencer a ese mítico canallismo urbano rockeiro, nin a esa estirpe salvadora do popular, cando xa é arqueoloxía é a miña forza e a miña virtude. Falando xa da práctica, “De pueblo y de río” gravouse entre Seixas (Caminha, Portugal) e Córdoba; pobos con río.

O gran Pablo Novoa fixo a produción artística para Eureka records, guiados por unha vontade case mínimal: guitarras de varios tipos, voz e algún instrumento mais. E coa colaboración de Rita Braga, Pía Tedesco, Javier Santos, Olga Brañas, e Lucas Fernández. E é un disco de versións de pobo. Cancións, digamos, de segunda división. Love letters, Egoismo, Havemos de ir a Viana, Eu, o estraño, Fáltanme o río e ti, son cancións pouco coñecidas, medio populares, case locais, non absolutas, pouco arrogantes.

E tentan ser moi de río. Tentan reflectir esa idea de río que tiña o gran Mark Twain.”

Víctor Coyote

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Zona C, Bonaval, Santiago de Compostela.
5 €