Víctor Aneiros

Outubro 30, 2014

Xoves 30 22:30h 5€

Víctor Aneiros edita un novo disco, o sétimo da súa discografía oficial, e bautízao co inequívoco título de ‘A soidade pide copas nos bares’.

As versións de Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte e Autor de westerns cobran novos significados nos solos da guitarra clara, limpa, espida de Aneiros. E medran tamén en intensidade, coa incorporación afortunada dun vello coñecido do guitarrista: Fran Rey, que mantén fermosos diálogos bohemios, casi parisiens, co seu acordeón. É un duelo amistoso, parolado con profunda sinxeleza, fronte á guitarra de Aneiros.

Facebook

22:30h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €