VI Festival Ao Compaz: Montaña Muerte + Emilio José + Dois + O Sonoro Maxín

Agosto 05, 2016

nota:

A aldea de Saumede acolle o VI Festival Ao Compaz os días 5, 6 e 7 de agosto

· O cartel inclúe a Emilio José, O Sonoro Maxín, Igmig, Dois, Pálida, MounQup, MontañaMuerte e Blues do País, equilibrando o popular e a experimentación

· O festival ten lugar nunha aldea abandonada hai décadas no concello de A Bola que está a ser rehabilitada e dinamizada dende 2010 pola Asociación El Pueblo Saumede

· A entrada é de balde e haberá zonas de aparcamento e acampada dispoñibles na propia aldea, ademais de comida e bebida a prezos populares

· O domingo 7 haberá mercadiño de verán de produtos locais ecolóxicos e artesanía, xogos tradicionais e sesión vermú

O Festival Ao Compaz leva por sexto ano música a Saumede, e este ano de forma especialmente rica e variada, con espazo para o máis puramente popular e o risco formal máis extremo. Dende os ritmos de verbena de O Sonoro Maxín ata a electrónica intensa de Pálida, haberá pop inmediato (Dois), improvisación de vangarda post-punk (IGMIG), experimentación vocal máxica (MounQup), sonidos cósmicos e psicodélicos (MontañaMuerte), soul/blues (Blues do País) e as cancións de Emilio José, que pasan por aínda máis xéneros. Ademais disto, cada noite acabará cunha pinchada de música para bailar e haberá máis actividades: unha exposición do artista Simon Fusté De Bona, mercadiño, xogos tradicionais, campeonato internacional de petanca…

Saumede é unha aldea do século XVII que quedou abandonada no século XX pero leva seis anos sendo reocupada e dinamizada coas actividades culturais, artesanais e artísticas da Asociación El Pueblo. Está situada a 35 kilómetros de Ourense, nun espazo declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, e pódese chegar seguindo as seguintes instrucións.

A entrada ao festival é libre e gratuita, igual que a acampada e o aparcamento. Hai duchas frías e baños secos, así como comida e bebida á venda a prezos populares para contribuír ao autofinanciamento do evento.

Os horarios concretos son os seguintes:

Venres 5 de agosto (A partir das 22:00)

MontañaMuerte
Emilio José
Dois
O Sonoro Maxín

Sábado 6 de agosto (A partir das 22:00)

MounQup

IGMIG

Pálida

Domingo 7 de agosto (A partir das 11:00)

Mercadiño de verán de produtos locais ecolóxicos e artesanía

Xogos tradicionais

Concurso internacional de petanca
Sesión vermú con Blues do País

AXENDA

22:00 h.
Saumede, Ourense.
De balde.