“Verso e acorde. Relacións entre literatura galega e música pop (1950-2000)”, por Alberto Pombo

Xuño 05, 2024

Quenquera que se interesase un chisco advertiría da cantidade inxente de poemas e versos presentes na música cantada en galego. En especial desde os albores da música pop (entendido o termo como popular, en contraposición a culta ou clásica) até a chegada da era dixital e o século actual. Este período de 1950 ao ano 2000 é o obxecto de estudio da investigación de Alberto Pombo (Loureda, 1985), licenciado en Filoloxía Galega, Doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios e profesor no IES Rafael Dieste. Os traballos doutorais adoitan ser rigorosos e pródigos en datos, cunha bibliografía ampla, e este non se arreda desta liña.

Ora ben, esta edición para Xerais foi adaptada con toques sutís de didactismo e entretemento que fan del un libro comerciábel, deses que instrúen ao tempo que agradan. Non defrauda en absoluto o interese que esperta e proporciona información abonda para quen se está a achegar nos últimos anos ás cancións en galego. Destas, as primeiras foron inspiradas pola poesía e de aí agroma a cerna do libro: o repaso dos encontros entre a nosa literatura e as música populares desde a popularización do vinilo. Ademáis deste eixo principal hai lugar para máis que datos e citas, pois Pombo contextualiza e repasa cada momento con precisión: a resistencia e o compromiso fronte á censura, as orixes do pop en galego, diferentes movementos como Voces Ceibes, Nova Canción Galega, a música celta, o Bravú … e deseguido fai unha distribución por estilos máis ou menos homoxéneos: pop, folk, canción infantil, heavy, as orquestras …

Ao longo das máis de duascentas páxinas imos vendo cales son as poetas máis musicadas, as músicas que máis recorren á poesía, pero tamén hai oco para referirse a asuntos máis concretos pero tamén interesantes como esas artistas que se moven entre as dúas disciplinas. A música contribuíu a popularizar a nosa literatura e o pop en galego foi estimulado por textos literarios. O traballo de Alberto Pombo reivindica dun xeito exemplar este encontro frutuoso e repasa unha infinidade de propostas musicais pioneiras, populares e agochadas.

Pepe Cunha, 5-xuño-2024

 

 

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook