“vermú de presentación” do Festival SonRías Baixas: Arizona Baby Guitar Dúo

Agosto 15, 2014

nota:

O Festival SonRías Baixas celebra un “vermú de presentación” o venres 15 no Aturuxo de Bueu con Arizona Baby Guitar Dúo. A cita será a partir das 13h no xardín do Aturuxo e o acceso, gratuíto.

Como sabedes, o Festival terá lugar os días 19 e 20 de setembro no Cabo Udra, e contará cun extraordinario cartel composto por Goran Bregovic, SKA-P, Reincidentes, La Raíz, Txarango, Alamedadosoulna, The Soul Jacket e Aphonnic.

Ademais, este ano, o SonRías ofrece a posibilidade de contratar, a través das empresas ViajesExpress e DibenEventos autobuses ata o festival dende Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Ponferrada, León, Zamora, Salamanca, Oviedo, Gijón, Madrid, Zaragoza e Barcelona.

O Festival SonRías Baixas celebrará o próximo venres 15 de agosto unha festa de presentación no xardín do Aturuxo de Bueu, coa actuación dos Arizona Baby. A cita é a partir das 13h e a entrada é gratuíta. Os Arizona Baby son unha banda de referencia no panorma indie do Estado. Despois de catro intensos anos de xiras por toda a península, sós e acompañados polos seus aliados naturais, Los Coronas, os Arizona Baby deciden facer un alto no camiño e centrarse no seu próximo traballo, permitíndose só pequenas escapadas como a que os levará ao vermú de presentación de SonRías Baixas, entre amigos e como Arizona Guitar Duo, repertorio máis próximo pero igual de salvaxe e cheo de sorpresas, versiónss especiais e un plus exclusivo de maior proximidade co público.

A actuación dos Arizona, o venres 15 en Bueu, servirá de carta de presentación para a XIII edición do SonRías Baixas, que a fin de semana do 19 e 20 de setembro traerá ata o contorno de Cabo Udra á estrela serbia Goran Bregovic, que leva 8 anos sen visitar Galicia e que ofrecerá xunto coa súa Orquestra de Vodas e Funerais a festa xitana máis explosiva, asombrosa e emocionante do continente, un espectáculo musical que leva anos facendo bailar ata a extenuación aos públicos de todo o mundo; aos madrileños SKA-P, que traerán toda a enerxía combativa dos barrios obreiros nun dos poucos concertos que ofrecerán na península antes de retirarse por unha tempada; aos sevillanos Reincidentes, que ofrecerán en Bueu o seu único concerto do verán en Galicia, dentro da xira de celebración dos seus 30 anos sobre os escenarios; aos valencianos La Raíz, que conquistarán ao público coa forza, rabia, desenfreno, festa e protesta dun directo que está arransando nos festivais máis importantes do Estado; aos cataláns Txarango, que volven ao SonRías pola porta grande, despois de percorrer os escenarios de media Europa, de actuar no ViñaRock ante 50.000 persoas e de protagonizar un dos concertos máis aplaudidos da última edición do Arenal Sound; aos madrileños Alamedadosoulna, que farán bailar e rir ao público co seu peculiar espectáculo de Ska e Sketch; e a dúas bandas viguesas de calidade como The Soul Jacket, que están a piques de estrear o seu segundo discom, e Aphonnic, que defenderán a enorme vixencia do seu rock atemporal e potente.

As entradas están á venda na web as próximas por 24,50 euros máis gastos o abono dos dous días. Tamén se poden mercar xa nas tendas do Rei Zentolo e máis puntos de venda físicos que se poden consultar na web do festival. Non haberá entrada dun só día e, na billeteira, o prezo será de 29 euros e o acceso á zona de acampada custa cinco euros máis.

Autobuses ata o Festival
O SonRías Baixas ofrece a posibilidade de contratar, a través das empresas ViajesExpress e DibenEventos autobuses ata o festival dende Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Ponferrada, León, Zamora, Salamanca, Oviedo, Gijón, Madrid, Zaragoza e Barcelona. As persoas que aínda non teñan o seu abono para o festival poden comprar un pack de Autobús + abono + acampada de regalo en Ticketea e as persoas que xa teñan o seu abono poden contratar directamente o bus na web de ViajesExpress. Os buses sairán, se hai máis de 30 persoas interesadas en cada localidade, na noite do xoves 18 ou na mañá do venres 19 e o servizo inclúe viaxe de ida e volta e equipaxe. Para calquera consulta, pódese escribir ao correo-e festivales@dibeneventos.com ou chamar aos teléfonos 91 681 55 12 (de luns a venres de 10:00 a 14:00) ou 615 152 893 – 691 355 613 (24h. de luns a domingo).

Un esforzo conxunto para superar o complicado contexto
O XIII Festival SonRías Baixas é posible grazas ao tesón da Asociación Troula na Banda, ao apoio do Concello de Bueu -que máis alá da achega económica, colabora con diversos servizos e facilita as xestións- e á implicación no proxecto das empresas que traballan co festival. Especialmente importante é a alianza establecida entre o SonRías e a promotora musical Sonde3, sen a que non sería posible levar a cabo un festival destas características nun contexto como o actual. Dende Troula na Banda saliéntase tamén o papel determinante do público, que terá que refrendar un ano máis a “Experiencia SonRías” coa súa fidelidade.

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. A pasada edición do Festival conquistou o en agosto de 2013 a 12.000 personas con tres días de música, praia e gastronomía, o que supuxo para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hostaleira en toda a comarca. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan cada día no evento, a maior parte, xente da vila.

AXENDA

13:00 h.
Xardín do Pub Aturuxo, Bueu.
De balde.