Verdegaio (Folc – Galiza)

Xullo 16, 2012

Xabier Blanco acordeón diatónico, melodeón e mandolina
Alexandre Cadarso “Cano” gaita, frauta e acordeón cromático de botón

O dúo Verdegaio nace no ano 2005 co ánimo de gozar facendo música tradicional e compartila en bailes, festivais e foliadas. Ao longo destes anos viaxaron co seu repertorio a Irlanda, Francia, Portugal e Estados Unidos onde participaron en diferentes festivais, impartiron cursos de música tradicional galega para gaita, mandolina e acordeón e aprenderon novas pezas que incluiron no seu repertorio. O pasado ano sacaron o seu primeiro traballo discográfico titulado “Repenicoque na Pedra” que recolle unha selección de temas tradicionais galegos que homenaxean aos que no pasado contribuíron a enriquecer o patrimonio musical de Galicia.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Marisa Valle Roso mañá xoves 5 na Sala Mardi Gras Se queres unha entrada dobre, comparte esta publicación e envíanos mensaxe co teu nome.my.weezevent.com/entradas-concierto-marisa-valle-roso-a-coruna@aieartistas #aieenruta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.