Verbena galega: Uxía & Narf + Pandeiromus

Agosto 15, 2015

nota:

A Verbena Galega chega o sábado a Tui na súa xira na fin de semana das mil festas
O espectáculo chega á Festa do Miño da vila pontevedresa este sábado e terá lugar no Paseo da Corredoia ás 22:30.
As actuacións musicais de Uxía e Narf e Pandeiromus amenizarán a noite co mellor dos seus repertorios.
A Verbena Galega, que inclúe 5 horas de música e baile co denominador común do idioma galego e da esencia da festa tradicional e moderna a un tempo, estará tamén o venres na Coruña e o luns en Ordes.
A Verbena Galega chega este venres ata Tui para deixar o seu inconfundible ritmo na festa do Miño da vila herculina. Esta actuación actuación da Verbena Galega chega nunha xira na fin de semana das mil festas en Galicia, que comeza o venres na Coruña e o luns viaxa ata Ordes. En Tui, o sábado a partir das 22:30 horas no Paseo da Corredoira, o público terá a oportunidade de vivir unha noite de música e baile galego, na que o dúo formado por Uxía e Narf e o grupo Pandeiromus serán os grandes protagonistas.
Nesta Verbena Galega da festa do Miño, Uxía e Narf interpretarán temas de “As baladas da Galiza imaxinaria”, un proxecto conxunto que naceu da primeira xira xuntos dos dous artistas por América Latina. Acolle temas clásicos do seu repertorio anterior e tamén algún novo. Pola súa banda, Pandeiromus interpretará tema do seu recente traballo, “Teño días”, que para os fans da Verbena Galega son coñecidos, pois foron adiantándoos neste formarto antes de publicar o disco en novembro do 2014. Tamén poderemos escoitar o seu repertorio clásico.
A Verbena Galega supón unha revisión do que é actualmente o concepto de verbena tratando de reinventalo e actualizalo cunha proposta única centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, por outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza (ritmos latinos, pachanga, cumbia, reagge, bravú…), coa opción de seren complementadas con diversas actividades para público familiar, que enchen de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse das demais.

22:30 h.
Paseo da Corredoira, Tui.
De balde.