vera wenzel “verbena”

Novembro 25, 2011

Eugenio Civera ponse ao fronte dunha banda tras anos compoñendo á guitarra noutras formacións da escena barcelona coma Fluzo ou The Light. Tras a disolución desta última comezou soltarse tamén coma un máis que convincente vocalista e completou estes Vera Wenzal canda Ricard Fusté (Fluzo, Zwell) á batería e Héctor Moras (Chocadelia Internacional) ao baixo. Neste debut discográfico de pouco máis de media hora, ofrecen todo un exercicio de estilo pop-rock indie. Imos apreciando influencias tanto líricas como musicais de The Cure, Los Planetas, The National, Radiohead, Joy Division, Echo and The Bunnymen, Surfin’ Bichos, La Mode e outros nomes do indie nacional, sempre procurando a emoción dunha melodía vitalista (“Kureishi”, “Peces caja”,, ) e tamén coa presenza de sensacións algo fatalistas ou amargas (“Acabarás conmigo”, “El mar”, “Arde”..). As once cancións duran sempre o xusto e necesario, non casan e invitan a volver escoitalas, a producción resulta impecable e as mesturas e masterización a cargo de Santi García (Estudios Ultramarinos) volven facer brillar as virtudes da banda de turno; os útlimos álbums dos nosos The Homens e Holywater son exemplo diso. La Produktiva Records volve amosar un gusto bo e por riba de estilos.
Pepe Cunha, 25-nov-2011

AXENDA