Vargas Blues Band

Abril 24, 2014

nota:
Javier Vargas: guitarra; Luis Mayol: baixo, voz; Peter Kunst: batería,voz; Gaz Pearson; voz.

As primeiras influencias de Javier Vargas encontrámolas no rock arxentino de finais dos 60 e principios dos 70, en grupos como Led Zeppelin, Black Sabbath, Crea, Rolling Stones, The Doors e en guitarristas como Jimi Hendrix, Carlos Santana e B.B. King que, aínda hoxe, son para el importantes fontes de inspiración. Nos 80 regresou a España. Formou parte da banda de Miguel Ríos e participou en varios dos seus álbums -Los viejos rockeros nunca mueren, Rock and Roll Boomerang, Rock and Ríos…- aportando temas como “Un caballo llamado Muerte”, “Generación Límite”, “Nueva Ola”… Colaborou con La Orquesta Mondragón e traballou como músico de sesión e compositor. No 1991 dá o paso máis importante da súa carreira e crea a súa propia Banda. Vargas Blues Band celebrou o 20 aniversario no 2012.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentaron as cancións de "Axudame a sentir" canda moitos do seus clásicos.As entradas estaban esgotadas e os seus concertos xustifícano. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.