Valentín Caamaño Trío

Agosto 28, 2014

nota:

xoves ás 20h a terraza da Casa das Crechas acolle un concerto que fora aprazado pola chuvia de Valentín Caamaño Trío, dentro do Festival Feito a Man.
Valentín Caamaño Tubío é un guitarrista, vocalista e compositor nado en Santiago de Compostela. Comezou a tocar a guitarra na súa infancia en Oviedo, pero a súa carreira musical comenza xa vivindo en Santiago, en distintas formacións como Clan Moriarty, Space Drapes, Southbound ou Francis Kaners.

Co seu proxecto de Valentín Caamaño Trio presenta unha proposta de jazz que entronca coa tradición do estilo, pero a través da súa persoal relación con el e co seu instrumento. Nesta ocasión, contará coa colaboración de dous músicos excepcionais, de ampla experiencia no panorama jazzístico: Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería.

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Festival Feito a Man, Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.