Vaamonde, Lamas & Romero coa Banda Sementeira de Cambre​

Agosto 30, 2014

nota:

VAAMONDE, LAMAS & ROMERO,
Coa Banda Sementeira de Cambre​

Organiza: ​Concello de Cambre
Colabora: Deputación da Coruña

Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería entender. Estes tres artistas únense agora para ofrecer unha visión da música popular persoal e innovadora.

Nos seus concertos ofrecen un repertorio fresco e desprexuizado, aderezado cunha boa dose de humor e campechanería. O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica acompañada de novo disco: O Tambor de Prata. Un repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación de Galicia: Os Trintas de Trives.

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, ​​
anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Anfiteatro do Parque da Igrexa de Cambre.
De balde.