Vaamonde, Lamas & Romero “O tambor de prata”

Novembro 23, 2012

Ciclo: Rede Galega de Teatros e Auditorios
Organiza: AGADIC – Concello de Ames
Entradas: 981 53 59 40 / cultura.milladoiro@concellodeames.org

Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería entender.

Estes tres artistas únense agora para ofrecer unha visión da música popular persoal e innovadora.

Nos seus concertos ofrecen un repertorio fresco e desprexuizado, aderezado cunha boa dose de humor e campechanería.

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica acompañada de novo disco: O Tambor de Prata. Un repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación de Galicia: Os Trintas de Trives.

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor.

Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Casa da Cultura de Bertamiráns, Ames.