nota:
A Noite de Bolos recibe o seu nome por ser antesala da Festa do Pan de Neda.
Nesta V Edición Neda acollerá os seguintes concertos;
NOITE DE BOLOS 2019
Sábado 31 de agosto de 2019
Paseo Marítimo de Xubia (Neda)
Horarios Concertos:
20:00h – Quenindiole
21:00h – De Vacas
22:30h – Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre
QUENINDIOLE:
Oito rapazas e rapaces de entre 10 e 15 anos forman Quenindiole. Cun repertorio tradicional de pezas ben coñecidas por todo o mundo, todas “cantables” e “bailables”, aseguran unha auténtica festa galega.
https://www.facebook.com/Quenindiole/
DE VACAS:
Mistura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos, De Vacas enchen prazas e teatros cunha paixón que contaxia. Cantan en todos os idiomas e inventan outros. Aman aos nosos poetas e a Enrique Iglesias.
XABIER DÍAZ & Adufeiras do Salitre:
12 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo
o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 9 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas
de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).
Humildes e poderosos a un tempo… Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras… Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas.
Xabier Díaz (voz e percusións)
Gutier Álvarez (zanfona e violín)
Javier Álvarez (acordeón diatónico)