Uxía & Narf “Baladas da Galiza Imaxinaria”

Xullo 02, 2015

Probablemente Uxía sexa a artista con máis visibilidade no panorama musical galego, cun traballo constante desde mediados dos 80 en discos propios, en bandas ou colectivos (Na Lúa, Corasóns, María Fumaça …) , apadriñando artistas (Malvela …), facendo crítica no Diario Cultural da Radio Galega, produción (Cantos na Maré), apoiando causas sociais … Nunha escea tan cativa mediáticamente como a nosa, isto pode ser visto como sobreexposición e ás veces pecará dela. Porén, cómpre dicir que Uxía actúa cunha profesionalidade da que andamos escasos: coida o que ofrece, fai promoción, comunica, entrégase… e ao final a xente entérase de onde está. Polo contrario, Narf é un vocalista e guitarrista magnífico aínda por descubrir por un público amplo malia contar co recoñecemento de compañeir@s de profesión e o público militante da produción galega.

Estamos ante dúas mentes ávidas de músicas varias, de transmitir emoción e sentimentos por riba de estilos, amén do compromiso coa terra e cultura propia e, por extensión, coas doutros pobos. Narf móvese con liberdade entre o rock e os ritmos étnicos, panorama no que Uxía é unha embaixadora do noso país, aberta a editar discos ora máis tradicionais ora máis próximos a un concepto amplo da música popular. Xa que logo, en calquera momento podían encontrarse e iso aconteceu nunha xira conxunta na primavera de 2014 polo Cono Sur, onde traballaron nun repertorio conxunto. O froito rexistrado témolo agora nas mans: 12 cancións entre as que atopamos algunhas de cadansúa produción, dous temas novos e dous inéditos.

O primeiro disco do selo Damadriña (Uxía como unha madriña da música galega, entendemos) é unha proposta tan cálida e sensíbel como nos teñen acostumados por separado. Non sorprende o ben que complementan as súas voces, pero si apreciamos que, a diferenza do máis habitual na canción de autor folque-tradicional, se acompañan só de guitarra eléctrica. Un acerto, intuirá quen teña visto a Narf en solitario, transmitindo moito e creando música con corpo a base de debuxos melodiosos e punteos rabiosos. Salvando as diferencias estilísticas, vénme á mente Billy Bragg con Kirsty MacColl.

Aínda que sexa pracenteiro escoitar a Narf ou Uxía interpretando neste formato espido “Santiago”, “Bos amores”, “Alalá das Mariñas” ou “Quimera”, préstanme máis os momentos estupendos a dúo: “Esta noite”, as novas “Onda soante” e “Cantiga do neno da tenda” e as coñecidas polo directos de Narf “Encontrarte” e “Nana de Zembambiquo”. Ademais destas novidades, o outro éxito do álbum sería que non resulta duro escoitar do tirón un disco de instrumentación tan austera. Iso si, recomendo a súa dosificación para celebrarmos a beleza do sinxelo, como o deseño acaído que lles fixo Víctor Coyote. “Baladas da Galiza Imaxinaria” é un repertorio notábel, tratado con sentimento, naturalidade e cuxa calor se vivirá nos concertos da xira.

Pepe Cunha, 2-xullo-2015

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook