Uxía e Joao Gentil

Decembro 23, 2015

nota:

UXÍA E JOAO GENTIL

Estes dous artistas únense para recrear repertorio para acordeón e voz. Logo da xira de Uxía por Portugal na que celebrou os seus 30 anos na música, a afinidade e a pasión comúns uniunos nun novo proxecto que presentan por primeira vez na Casa das Crechas.

João Gentil (Cantanhede, 1980) é un virtuoso acordeonista portugués criado en Suíza. Uxía ten unha voz fermosa e serena que fuxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte.

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €