Uxía e João Afonso

Maio 03, 2013

xía e João Afonso reunirémonos para falar e cantar.
‘De Lés a Lés’ é unha charla distendida, cantos e palabras para celebrar que á música lle corresponde comunicar a emoción -e o pensamento- deses lugares próximos (Galiza e Portugal), das cancións que están no ar e que son de tod@s.
Cantar é unha forma de ofrecer a alma, de coñecermonos. Lembraremos tamén os cantos que nos foron aproximando dende que nos vimos pela primeira vez, os do seu tío Zeca que nos seguen a emocionar, e as nosas propias composicións inspiradas nesa raiz común.
Cantaremos na nosa lingua e sentiremos o noso canto perto de Recife, Açores, Mindelo, Maputo, o Alentejo…¡Tan diferentes e tan iguais!. Nunca camiñaremos en solitario, neses territorios aínda por descubrir…
‘Seremos muitos…seremos alguém’ Zeca Afonso

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Café Cultural Auriense, Ourense.
5 €