Uxía con “Rosalía pequeniña”

Febreiro 23, 2014

nota do Colectivo Terra:

Gustaríanos que participárades na actividade que temos programada para celebrar o Día de Rosalía. Trátase dun concerto de Uxía Senlle no que presentará o libro-cd “Rosalía pequeniña”.O concerto vai dirixido tanto a pequen@s como a maiores, polo que pregamos que fagades a maior difusión posible. O prezo das entradas será de 3€ pequen@s (a partir dos 2 anos) e 5€ adult@s.
Debido a que o señor alcalde non tivo a ben cedernos a Casa da Cultura, vémonos na obriga de realizar a actividade no auditorio do Centro de maiores de NovaGaliza Banco R/Ferreiros 20.
Esta actividade, facémola en colaboración coa Escola de ensino galego Semente Trasancos.

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Bigott visita esta semana Galiza con "Back to Nowhere" , o seu novo disco, nervioso, directo, post punk. Xoves en Club Clavicémbalo Lugo, venres na Sala Radar, Vigo, e sábado na Sala Ruido , Ferrol.11 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
18:30 h.
auditorio do Centro de maiores de NCG banco, Pontedeume.
5 / 3 €