Uxía canta a Manuel María

Novembro 21, 2014

nota:

Aforo limitado.
Reservas en fundación@manuelmaria.com
e no tel. 698 177 621

En palabras da propia Uxía, o repertorio de “Andando a Terra” é “o gozo sinxelo dun canto ao noso labrego-poeta. Un home que andou esta terra, este país, parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face”. Seguindo o seu exemplo, a cantante quixo arroupar a súa poesía coa delicadeza das melodías que foi atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón e “o latexar sincero da emoción” que emana dos seus poemas, para poñer en valor o seu valiosísimo, o seu precioso e prezado legado. Ademais da metafísica, o amor, a nenez, a casa natal que quixo tanto, o seu amor á vida, á lingua e a esta terra que andou sen descanso, tamén se inclúen neste traballo adaptacións de temas tan emblemáticos como “O Carro”, que xa fora cantada por Fuxan os Ventos ou o “Manual do Señorito” á que xa puxera voz María Manuela.

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook