Uxía

Outubro 14, 2017

nota:

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o concerto do último traballo musical da cantante Uxía, en homenaxe ao escritor Uxío Novoneyra, cuxos versos traducidos ao Alfabeto Delfín forman parte da mostra Flor Novoneyra, de Antón Lamazares. Por iso, era obrigada esta actuación no Museo Centro Gaiás que desde o pasado 2 de xuño acolle esta exposición que é, en palabras do propio artista lalinense, o seu “testamento pictórico”.

Neste concerto, Uxía interpretará os temas deste novo traballo no que viste de música os poemas do escritor do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae. “A poesía de Uxío Novoneyra ten un ritmo interno que a fai moi axeitada para ser cantada”, sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentalista brasileño Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posíbel, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da súa obra”.

Para determinar o repertorio do traballo discográfico Uxía-o, a cantante e SérgioTannus escolleron entre o seu poemario o que atoparon “máis próximo e familiar”, en ocasións unindo varios poemas, como é o caso de “O aire” ou “A miña sombra correndo”, transformado en alalá. Xunto ás novas composicións encóntranse tamén unha adaptación do tema “Caen as follas”, de Emilio Cao, ou “Alalás encadeados”, poema inédito incluido no disco de Uxía Meu canto (Fol Música, 2011).

FICHA ARTÍSTICA

Uxía: voz.
Sérgio Tannus: guitarra e viola caipira.
Santi Cribeiro: acordeón.
Isaac Palacín: percusión.

Colaboracións especiais: Ana Isabel Días (arpa clásica), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Quim Farinha (violín).

PROGRAMA:

O aire
Namorando
Fiandeira
Pensamento
Novas verbas de door
Ollando a serra calada
Caen as follas
Branca, Uxío i Arturo
O pouso do tempo
Alalá das sombras
Paxaros e paxariños
O cuco a cantar
Tesos cumes do Courel
Terra moura
Alalás encadeados
En Compostela

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Que seica din no PP que a televisión pública pagada por todos non está para informar ao gusto e conveniencia de quen goberna🤔Por iso volvemos preguntarlle a Alfonso Rueda: Para cando unha CRTVG libre de control político?#VenresNegro306CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
De balde, con convite.