Uxía

Agosto 30, 2013

NOTA DE PRENSA

Uxía presenta MEU CANTO en Baiona acompañada por Sergio Tannus e Xoán Porto nun espectáculo limpo de artificios, co que conmemora os seus 25 anos de traxectoria musical.

Terá lugar na Praza do Concello da vila de Baiona, dentro da programación das festas de verán.

O concerto, que comezará sobre as 23:00 horas, será de balde e xirará arredor do disco Meu Canto, no que se aborda unha
relectura dos temas fundamentais do seu repertorio en directo e temas que ata agora nunca tiña abordado. Neste espectáculo, a artista de Mos achéganos unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz. Unha voz máis contida e máis profunda ca nunca, que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto.

Máis de vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valorizadas da nosa lingua, reclamada en multitude de eventos musicais e que atesoura importantes galardóns como os acadados nos Premios Opinión ou nos Premios da Música Independente.
Con este disco, que entrou directo ao número 7 das listaxes europeas World Music, Uxía segue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras. Nesta ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi gravado este traballo, nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro. A escolla non foi casual, contou coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (produtor de María Bethânia), co apoio de fundamentais da música brasileira como Lenine, e co talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus, que a acompañará en directo neste concerto, xunto a outro dos seus fieis acompañantes musicais, Xoán Porto.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Praza do Concello, Baiona.
De balde.