Uxía

Febreiro 12, 2012

Uxía Senlle (voz)
Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho, percusión e viola caipira)
Xoan Porto (guitarra e acordeón)

Compromiso sería unha boa palabra para concretar o que inspira este novo álbum de Uxía. Podemos albiscalo con só pararnos nos 15 títulos deste “Meu canto”, porque a frase fala do que a do Porriño quere expresar ao elixir estas pezas coincidindo cos seus 25 anos de profesión: compromiso co feito de cantar (títulos tan significativos como “Como la cigarra”, “Minha missao”, “Cantar e sorrir”…), coa canción tradicional ou popular galega (“A Rianxeira”, “Xente da festa”, “Ramo verde”, “Alalá das Mariñas”…), coa lingua e cultura da terra (poemas de Manuel María, Novoneyra, Rosalía…) e coa lusofonía da que ela é toda unha embaixadora (o “Menino do bairro negro” de José Afonso ou a “Terra minha e sua” de Socorro Lira). Porén, o feito de predominaren as versións de temas alleos non significa aquí acomodamento ou paréntese, porque Uxía tamén está comprometida con non se repetir e procura reinventar con valentía unhas pezas coñecidas. Para este labor, desta vez a súa man dereita foi o guitarrista “brasilego” Sergio Tannus e Brasil o lugar de gravación: os estudios Biscoito. Alí procurábase unha gravación concreta: aquela que, sen soar austera, coidase do esqueleto básico de canción, procurando a calor da proximidade en troques dun excesivo abuso instrumental. Porque as voces e as cordas son aquí as protagonistas, cunhas pingas aquí e aló de acordeón, frautas ou pandeiretas. Aproveitando a visita ao Brasil, Uxía non podía deixar de contar con invitados tan especiais como o Lenine (marabilloso o dúo en “Os teus ollos”) ou Socorro Lira (eis tamén o seu labor de (re)descubrirnos outras artistas). O outro brasileiro que canta no disco, o Fred Martins, xa o temos no país, así como a sorprendente voz recitada de Carlos Blanco en varias das pezas. Ademais das mencionadas, non podo rematar sen citar dúas debilidades: “Alalás encadenados”, ese poema inédito de Uxío Novoneyra que coñecimos no Cantos na Maré 2010, e “Rosa namorada”, poema de Manuel María enchoupado aquí da dozura dunha artista imprescindible por calidade e, unha vez máis, por compromiso.
Pepe Cunha 11-xullo-2011

Facebook

20 hours ago

Ábrete de orellas
De VACAS , a canción de Titanic e 20 anos do Prestige. 😂👌👏👏👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Teatro Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras.
6 €