A Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol vén de presentar a súa programación musical para o primeiro semestre de 2107. Dentro desta salientamos 6 nomes de prestixio no panorama internacional que constitúen unha aposta ambiciosa por unha oferta variada e de calidade na que teñen cabida os ritmos étnicos, o pop-folque de autor, o jazz vocal ou o cabaret.
– Kroke, o trío polaco de folk que popularizou o klezmer polo mundo volve a Ferrol o venres 24 de marzo, mais desta vez ao Auditorio. Entradas a 16 e 18 €.
– O irlandés Glen Hansard actuará o sábado 1 de abril. O polivalente ex guitarrista de the Frames -con incursións no cine incluidas (The Commitments, Once)- vén cun traballo recoñecido coma “Did´t He Rumble”. Entradas a 18 € e a 20 o día da actuación.
– Ute Lemper, a mítica cantante alemá, triunfadora varias veces en distintas cidades da Galiza, estréase en Ferrol con “Last Tango in Berlin” o xoves 6 de abril.
– Salif Keïta, embaixador da música de Mali e nome imprescindíbel no pop feito en África, fai parada en Ferrol dentro da súa xira europea con banda acústica. Será o 5 ou o 6 de maio. Anticipada en Ataquilla e na billeteira do Teatro Jofre, 20+ gastos, 22€
– A cantante, guitarrista e compositora norteamericana de jazz Madeleine Peyroux volve a Galiza co seu recente “Secular Hymns”, un outro traballo na súa liña habitual de notábel. Ferrol dará fe o venres 19 de maio.
Tamén en Ferrol, mais no Teatro Jofre, unha recomendación desde este medio: a estadounidense Dayna Kurtz o xoves 16 de marzo.