Ute Lemper

Febreiro 15, 2014

Ute Lemper

Sin duda una de las visitas de la temporada serán los conciertos de UTE LEMPER a Santiago y Vigo en febrero con su espectáculo dedicado a los poemas de amor de Pablo Neruda.

14 febrero | Santiago de Compostela | Auditorio Novagalicia Banco | Entradas a la venta en Entradas Novagalicia Banco
15 febrero | Vigo | Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia | Entradas a la venta en Servinova

A artista alemá presenta en Galicia o seu último disco

Xa están dispoñibles as entradas para as dúas actuacións que a recoñecida artista Ute Lemper dará en Galicia o vindeiro mes de febreiro. Nun directo de gran nivel, a cantante presentará o seu último disco “Forever: the love poems of Pablo Neruda”. Neste traballo, a solista alemá rende homenaxe á obra que o poeta chileno Pablo Neruda escribiu durante o seu exilio.

O primeiro dos concertos será o venres 14 en Santiago ás 21:00 horas, no Auditorio Novagalicia Banco, situado na rúa Preguntoiro nº 8. Os puntos de venda das entradas son o despacho de billetes do Teatro Principal, a Reixa Tenda, o Kunsthalle Compostela e a través de novagaliciabanco.es. O prezo anticipado é de 25 euros para o patio de butacas e primeiro anfiteatro, mentres para o segundo anfiteatro é de 20 euros.

Ao día seguinte, o sábado 15 de febreiro, Ute Lemper actuará en Vigo. O directo será no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia, a partir das 21:00 horas. Os billetes están dispoñibles en servinova.com, en centralespectaculos.com e a través do teléfono 902 504 500. O seu prezo vai de 24 a 40 euros, en función da situación las localidades.

Ute Lemper

Vanguardista e ecléctica, Ute Lemper naceu en Münster en 1963. Estudou piano, canto e ballet na Academia de Danza de Colonia, ademais de teatro clásico no prestixioso Seminario Max Reinhardt de Viena.

Comezou a cantar moi nova en bares de jazz e como integrante do grupo punk The Panama Drive Band. En 1983 participou na producción vienesa do afamado musical Cats e dous anos despois protagonizou a comedia musical Peter Pan en Berlín. Foi o papel de Sally Bowles na producción francesa de Cabaret a que lle valeu o premio Molière á mellor actriz.

O éxito chegou acompañado tamén de críticas no seu país natal pola súa interpretación na obra O Anxo Azul. Foi entón cando Ute Lemper se traslada a vivir a Nova York e protagoniza varias composicións de ballet orixinais. En 1990, trala caída do Muro, participa con Roger Waters en The Wall Live in Berlin. A partir de entón, a artista fixo diversas aparicións en películas, en papeis máis ou menos relevantes.

Malia extensa traxectoria como bailarina e actriz, a faceta que lle outorga un maior recoñecemento é a de cantante. Famosa polas súas interpretacións de composicións de Kurt Weill e grandes nomes como Marlene Dietrich, Édith Piaf e Lotte Lenya. Lemper tamén colaborou con numerosos cantantes e compositores estadounidenses e europeos, entre os que destacan Michael Nyman, Tom Waits, Scott Walker, Elvis Costello, Philip Glass ou Nick Cave. O seu eclecticismo fai que ademais de danza, teatro e música, Ute Lemper teña realizado varias exposicións de pintura.

DATA E HORA: 15/02/2014, 21:00h
LUGAR:Centro Cultural Novacaixagalicia, Vigo
ENTRADAS: servinova.com, central de espectadores e tlf 902 504 500
PREZO: 24-40 euros

AXENDA

Facebook

21 hours ago

Ábrete de orellas
"As vidas caladas" é o novo de Antía Muíño con Caamaño&Ameixeiras Raso Estudio www.youtube.com/watch?v=t_i1nIjSvbg&fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAAR3AmUE3zHDpqWm3CKp28cEA-hgXcISh4fX_... ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia, Vigo.
24 / 40 €