nota:
AIEnRuta Artistas é unha iniciativa impulsada por AIE (Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes) para promover a música en directo e favorecer a circulación de artistas por todo o territorio nacional.
Dende a súa creación, o programa consolidouse como un dos principais circuitos de música en vivo de España, ofrecendo a músicos emerxentes ou independentes a oportunidade de presentar o seu traballo ante novos públicos e de estabelecer vínculos con programadores, salas e festivais de diferentes comunidades autónomas.
Os seus obxectivos son:
Favorecer o intercambio cultural entre artistas de todas as comunidades autónomas, impulsando a mobilidade e o encontro entre distintas escenas musicais.
Dar visibilidade á diversidade de estilos que conforman a música popular, fomentando unha programación plural e de calidade.
Apoiar o desenvolvemento profesional de novos talentos e ofrecer a artistas consolidados un espazo onde seguir compartindo a súa música e enriquecerse a través do intercambio de experiencias.
Reforzar o tecido da música ao vivo, apoiando o labor de salas, bares e locais de pequeno e mediana capacidade que mateñen unha programación estábel e constitúen a base do circuito musical.
Consolidar un circuito de concertos estábel durante a temporada de inverno, contribuíndo á continuidade da actividade artística e ao fortalecemento do sector musical en todo o estado.
PINCHA AQUÍ PARA INSCRIBIR A TÚA PROPOSTA
Cada semestre, un comité independente composto por recoñecidos periodistas musicais e programadores de salas analiza as propuestas recibidas e elixe os proxectos que pasarán a formar parte dos ciclos anuais de AIEnRuta Artistas. 1º Ciclo (xiras entre xaneiro e xuño) 2º Ciclo (de setembro a decembro)
¡28 de AGOSTO FECHA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE!
¡Apúntate! E actúa fóra da túa Comunidade Autónoma coa axuda de AIE.
A de 2027 será a XXXII Edición de AIEnRuta. Desde su inicio, en Maio de 1995, AIE programou máis de 5.000 concertos de 1.200 artistas e grupos de distintas procedencias e estilos, cunha asistencia duns 300.000 espectadores, nas máis de 150 salas que acolleron o programa en 60 cidades distintas.
Algúns artistas que participaron no circuito nestes 32 anos (en orde cronolóxica):
Albert Plá, Javier Ruibal, Víctor Coyote, Miguel Poveda, Diego el Cigala, Estopa, Love of Lesbian, El Columpio Asesino, Refree, Facto de la Fe, J Teixi Band, Sex Museum, Los Coronas, Depedro, Vetusta Morla, Coque Malla, Niños Mutantes, Pony Bravo, Annie B Sweet, Guadalupe Plata, Arizona Baby, Zahara, La Bien Querida, McEnroe, Tulsa, Fuel Fandango, Maga, Triángulo de Amor Bizarro, Russian Red, Novedades Carminha, Maika Makovski, Jacobo Serra, La Habitación Roja, La M.O.D.A., Belako, Niño de Elche, Nunatak, Izaro, Iseo, Rodrigo Cuevas, Rufus T. Firefly, Bronquio, Lorena Álvarez, María Rodés, Niña Polaca, Lady Banana, Jimena Amarillo, Morreo, Toundra, Vera Fauna, Alcalá Norte, Cosmic Wacho, Cápsula, Karmento, Jùlia Colom, Bala, Carlangas, Ganges, Parquesvr, Repion, Griso, Dulzaro, La Milagrosa, Sarria, Pauline en la Playa, Escandaloso Xpósito, Calequi y las Panteras, Eladio y los Seres Queridos, Nat Simons, Queralt Lahoz, Melifluo, Marta Kinght, Alondra Bentley, Hermana Furia, Saxos del Averno, María Grep & Mundo Prestigio, Orina, Restinga, VVV Tripin´You…


