Últimos días para inscribirse na décima Feira Ecolóxica de Arzúa

Setembro 17, 2013

Remata o prazo de inscrición na X Feira Ecolóxica de Arzúa, que se celebrará os días 5 e 6 de outubro.

O vindeiro venres día 20 de setembro finaliza o período establecido para que as e os expositores que así o desexen poidan presentar os seus produtos e servizos ecolóxicos, de artesanía e/ou terapias naturais na que será unha nova edición da meirande feira ecolóxica de Galicia.

Deste xeito, e ata o vindeiro venres día 20 de setembro, todas aquelas e aqueles interesados en dar a coñecer os seus produtos e servizos na décima Feira Ecolóxica de Arzúa poden facelo. Para entraren na convocatoria deberán cubrir o formulario de contacto que atoparán na web www.terractiva.org se ben, poden tamén contactar a través do enderezo de correo info@terractiva.org para solicitar información.

A Feira Ecolóxica cumpre dez anos, dez anos nos que a vila coruñesa se convertiu nun referente non só galego senón tamén estatal á hora de tomarlle o pulso ao sector “verde”. O público que asista terá ao seu dispór ducias de postos de diversos produtos e servizos naturais, poderá ver cales son as principais novidades no eido ecolóxico e, como non, terá tamén acceso aos produtos locais que as e os feirantes do 8 e o 22 levan décadas promovendo.

Arzúa será de novo a capital galega da ecoloxía na primeira fin de semana de outubro e serao nunha edición especial como é a décima. Punto de encontro de artesáns, consumidores, produtores e público, a Feira Ecolóxica arzuá converterase un ano máis no viveiro das últimas novidades e formas de vida máis respectuosas coa contorna e cos seus habitantes.

Arzúa organiza a súa décima Feira Ecolóxica os días 5 e 6 de outubro

Os vindeiros días 5 e 6 de outubro celebrarase en Arzúa unha nova edición da maior feira ecolóxica de Galicia. Así, o Concello arzuán decidiu apostar un ano máis polos produtos naturais, os máis innovadores, as terapias alternativas e polas produtoras e produtores locais -das feiras do 8 e 22- que
encherán o Recinto Feiral Terra do Queixo por décimo ano consecutivo. Ademais, as e os expositores poden xa enviar a súa inscrición para participar na Feira.

O Concello de Arzúa está de celebración. Os próximos días 5 e 6 de outubro a súa Feira Ecolóxica cumpre dez anos, dez anos nos que a vila coruñesa se convertiu nun referente non só galego senón tamén estatal á hora de tomarlle o pulso ao sector “verde”. O público que asista terá ao seu dispór ducias de postos de diversos produtos e servizos naturais, poderá ver cales son as principais novidades no eido ecolóxico e, como non, terá tamén acceso aos produtos locais que as e os feirantes do 8 e o 22 levan décadas promovendo.

Arzúa será de novo a capital galega da ecoloxía na primeira fin de semana de outubro e serao nunha edición especial como é a décima. Punto de encontro de artesáns, consumidores, produtores e público, a Feira Ecolóxica arzuá converterase un ano máis no viveiro das últimas novidades e formas de vida máis respectuosas coa contorna e cos seus habitantes.

Malia os atrancos e diversas dificultades ao longo do tempo, o Concello de Arzúa decidiu apoiar incondicionalmente o maior evento ecolóxico de Galicia para chegar así a celebrar este aniversario redondo, estes dez anos sendo referencia e impulsora dun xeito diferente de estarmos no mundo.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook