Ugía Pedreira

Marzo 10, 2013

ciclo Músicas Doces
caña de crema + guitarra e garganta
10 de marzo de 2013 17:30 h – 19:30 h

Petisco musical doce en Arzúa. Voz + caña de crema, especialidade de María Quintela e da súa familia, confiteiros recoñecidos desta vila que levan xeracións poñendo a nota azucarada entre os seus paisanos. Ugia Pedreira interpretará as súas mellores cancións en solitario, acompañada dunha guitarra, nun repaso con algún inédito que non canta nos seus proxectos máis regulares (Marful, Acrobata,…).

Bio:
Natural de Vilaronte, Foz licenciada en Psicoloxía pola USC e cofundadora do proxecto Folque cando desde a súa primeira idade na vila de Lalín. unha das voces máis recoñecíbeis do panorama musical galego e unha personalidade intensa e chea de emoción.

Comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados con Chouteira e polas súas constantes colaboracións: o musical Dillei co actor Carlos Blanco, o espectáculo de Antón Reixa Galicia Baby, Banda Basotti, Xenreira, Nen@s da Revolta, a Matraca Perversa e Galhegoz. No 2006 graba disco co trío Nordestin@s, con Guadi Galego e Abe Rábade.

Actualmente segue con Marful, banda de referencia da nova música popular galega ou coa recente parcería co cantor brasileiro Fred Martins en Acrobata.

Ten un libro de poemas e cancións, Noente Paradise, e para este petisco musical doce defenderá un repertorio persoal e inesperado.

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
Bigott visita esta semana Galiza con "Back to Nowhere" , o seu novo disco, nervioso, directo, post punk. Xoves en Club Clavicémbalo Lugo, venres na Sala Radar, Vigo, e sábado na Sala Ruido , Ferrol.11 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
17:30 h
Cafetaría-pastelería La Esquina, Arzúa
5 €