ANIVERSARIO DO DISCO ACROBATA EN SANTIAGO.
Ugia Pedreira presenta en Brasil o disco Acrobata que fixo com Fred Martins. Depois da xira que os levou por Oxford, London, Bruxelas…fica á volta ao Compostela querido e ao norte do pais, en Ribadeo. Despois un dos palcos mais interesantes de São Paulo o do Sesc Belenzinho, acollerá este disco editado en Galiza por aCentral Folque. Os dous compositores están moito contentos desta viaxe que se completará con presencias noutros lugares especiais para a Mpb na macrocidade brasileira.
” … mentras as empresas galegas invirten o seu diñeiro nas camisetas do futbol ou en artistas españois de suposto renome, é a arte galega con vontade, risco e concepto quen leva o nome do pais fora das nosas fronteiras administrativas, un sen sentido e unha falta de visión bastante potente por parte do sector empresarial galego ” di Ugia Pedreira nunha entrevista para un xornal musical de Curitiba.
“… apontase á Lusofonia quen ten un amor transparence pola política e a poética que é tudo ou quen coñece os horizontes da língua (da cultura) ou quen ten un interese comercial ainda malicioso e todo…” sinalaba.
Ugia Pedreira.Desde nena, quixo facer cancións e falar através delas. A vida levouna a editar 8 discos e ser patrona dun barco chamado Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. Si, xoven empresaria galega. Coñece o palco, a producción, a investigación musical en detalle dentro de formatos grandes e pequenos desde noviña. Ideóloga, pensadora e constructora de espazos escénicos desde os movementos pequenos e calados cambia constantemente visions e percepcións dentro do panorama musical galego. Responsabel fundamental do libro, investigación, espectaculo, cd e dvd “Descarga ao vivo” unha auténtica mistura da música galega e cubana. Colaborou nos anos 90 con muitos grupos de rock galego compoñendo e cantando letras e melodias propias, recollidas no seu libro de poemas e cancións Noente Paradise. Partillou escena e músicas con David Murray, Jacky Molard, Erick Marchand,Fred Martins, Alejandro Vargas, Pablo Milanés, Banda Bassotti, Eliseo Parra, Jorge Drexler, Fermín Muguruza, Mikel Urdangarín, Dulce Pontes, Amparo Sánchez, Antón Reixa, Kaki Arkarazo e tantos amigos-artistas do pais. O seu grupo actual leva o nome do seu avó emigrado a Cuba: Marful. Un grupo de culto na música de fusión europeia. Nacida entre o monte sagrado de Cornería e o Castro de Vilaronte, lugar da Mariña donde a arquitectura e a historia de emigración a Cuba marcan a sua inspiración.