Udra + David Lojo Quartet

Agosto 12, 2020

nota:

O Feito a Man volve con toda a prudencia posible, con aforo limitado, distancia de seguridade e unha soa localización para poder garantir todo isto: o cemiterio de Bonaval. As entradas (a 5 euros) xa están á venda nos locais da asociación.

Seguir apostando pola cultura

A asociación Cidade Vella segue a apostar pola cultura aínda que non poida celebrar os concertos nas súas terrazas como era habitual desde os comezos deste festival hai xa 16 edicións. As circunstancias obrigan e nesta ocasión creouse un novo modelo, cunha soa ubicación e unicamente bandas galegas.

Os concertos terán lugar do 11 ao 15 de agosto con dous grupos cada noite de estilos diversos. A segunda xornada tira máis cara o jazz con Udra (neosoul, funk, jazz) e David Lojo Quartet (jazz). A terceira será unha noite netamente compostelá, con Sr. Salvaje (rock, psychodelia, blues) e os Samesugas & Willy Succo Brother, mítica banda santiaguesa que está a celebrar o seu vinte aniversario. A xornada do venres 14 soará máis tradicional, con Caldo (folk) e Habelas Hainas (músicas de raíz galega). E o festival pecha o sábado 15 con concertos de Viruxe (jazz, psychodelia, rock progresivo) e Bird Lives (jazz, bebop), unha formación creada ex profeso para celebrar o centenario do lexendario saxofonista e compositor Charlie Parker.

21:00 h.
Cemiterio de Bonaval, Santiago de Compostela.
5 €