nota:
Tuenda é un trío de música tradicional asturiana. Os seus compoñentes son xente coñecida no panorama da música folc de Asturies por pertencer a outras bandas como Llan de Cubel, N”Arba ou La Bandina’l Tombo. A formación componse de bouzouki, frauta e voz da man de Elías García, José Servando Menéndez “Pepín de Muñalén” e Xosé Antón Fernández “Ambás”. A reelaboración que este grupo fai da música tradicional é o máis fiel posible ás fontes orixinais, respectando melodías e estruturas. Estas fontes das que bebe Tuenda están sacadas do Archivu de Tradición Oral d”Ambás que desde hai anos vén conformando o cantante do grupo.