Trilitrate + Sara Fontán

Decembro 27, 2017

nota:

En xuño de 2012, tres instrumentistas galegos se xuntaron para improvisar. Levaban xa dúas horas tocando pero nada, a cousa non fluía. A piques de darse por vencidos unha delas sacou un enorme termo de té e o beberon entre todos ¡Eureka, esa era a clave! Tanto apuraron para rematar o ensaio e poder ir mexar que comezaron a mezclar compases dispares, melodías balcánicas, harmonías neoclásicas, impro libre… ¡así naceu a esencia trilitratiana!
Ven a beberte algo á súa saúde hoxe mércores 27 en El Pueblo Café cultural Ourense, acompañados da violinista Sara Fontán, por 8 euros a anticipada (10 en taquilla), ou o sábado 30 durante o Festiparvo

AXENDA

20:30 h.
El Pueblo Café cultural, Ourense.
8 / 10 €