Tres recomendabilísimas citas conforman o ciclo “Jazz en el Colón” este mes de xullo

Xullo 03, 2012

O Teatro Colón da Coruña acollerá o ciclo “Jazz en el Colón” con 3 citas consecutivas e de gran nivel:

ANTONIO SERRANO & FEDERICO LECHNERR o xoves 19
DAYNA KURTZ o venres 20
CHUCK LOEB TRIO o sábado 21

Todos os concertos están programados para as 20:30 h e as entradas poden adquirirse na taquilla de Servinova.

ANTONIO SERRANO & FEDERICO LECHNER
Antonio é harmonicista, e agora mesmo membro da banda de Paco de Lucía, está considerado un dos mellores domundo. Federico é pianista e tamén un fenómeno, lidera os seus propios proxectos e tamén traballa habitualmente con outro gran harmonicista argentino, Franco Luciani. Gravaron un álbum conxunto hai uns anos titulado Sesión Continua, un disco no que versionaban temas de películas llvándoos ao terreo do jazz. Están a punto de gravar o seu segundo álbum con este proxecto.

DAYNA KURTZ
O seu último traballo é un disco de jazz no que homenaxea grandes cancións de finis dos anos 50 e principios ds 60. Estará presente no Festival de Jazz de San Sebastián o día 19 de xullo e ao al día siguiente se acercará á Coruña para tocar no Teatro Colón. Cando arranca a súa voz é como se Dayna Kurtz estivese seguindo un cortexo fúnebre nas rúas de Nova Orleans. American Standard, o novo disco da cantante e compositora estadounidense, comeza cunha oración “Mamma, Let Me Come Home”, roga no tema Invocation e se conviete nunha homenaxe ao mellor son sureño, entre rockabilly e soul.

CHUCK LOEB TRIO
Chuck acaba xira europea coa súa superbanda de fusión, Fourplay (www.fourplayjazz.com), o 15 de xullo. Vai aceptar quedar en España esa semana para participar neste primeiro Coruña Jazz Teatro Colón xunto cun batería co que colabora habitualmente, Wolfgang Haffner e o seu teclista habitual en Nueva York.

AXENDA