Treixadura

Maio 06, 2012

O vindeiro domingo 6 de maio ás 20:00 h Treixadura presentará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Este concerto enmárcase nunha xira de inverno/primavera que xa os levou ao Auditorio Mar de Vigo (Vigo), o Auditorio do Pazo da Cultura (Pontevedra) e o Auditorio Municipal de Vilagarcía. Actualmente está pechando concertos para unha xira de verán por toda a xeografía galega.

Treixadura é sinónimo de música tradicional. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

“Esa si que é muiñada”. (Treixadura, 2011) É un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural..

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
"Tempos complicados" é o terceiro videoclip do disco regreso dos Martelo: "O mesmo animal" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña