Transylvanians

Xuño 03, 2012

Transilvanians (RockSteady/ Ska, Galiza)
Transilvanians formanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi díspares como; Os Resentidos, Skacha, Siniestro Total.. etc, e o que os leva a unirse e a paixón que sinten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos.

Isto unido á súa …paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias temas de The Skatalites, The Blues Busters, The Kingstonians, Georgie Fame ou The Clash conforman o repertorio habitual dos seus incendiarios concertos.

No ano 2006, entraron nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal de ese mesmo ano en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records. Despois de participar nun disco tributo a Potato e da súa exitosa xira 2008/2009, no 2010 entran a gravar diversos temas no Studio Juan, editando dous traballos; un sinxelo en vinilo 7″ editado polo selo madrileño Liquidator Music chamado “The Vault Of..”, e o primeiro traballo longo “Vampire Lover”, editado polo seu propio selo ZombieJ.

Este 2012 tras varios cambios de formación agardan a saída dun novo single 7″ acompañando a Roy Ellis aka Mr. Symarip (artísta ao que apoian de maneira habitual en directo), gravar o segundo longa duración e percorrer toda a xeografía presentando novos compoñentes e novas cancións.

Transilvanians son:
J. F. Soto – Guitarra & voz.
Javi Vicalo – Guitarra.
Javier Marcos – Voz.
Pabolo ‘Rocksteady’ Muñíz – Baixo.
Xabi Vieitez – Piano & Hammond.
Kino ‘Little Cobra’ – Batería & voz.
Tornado Alonso – Saxo tenor.
Antonio Rodríguez – Trombón & voz.

Discografía:
Singles:
2006 TRANSILVANIANS CD/EP vinilo 7” (Ejecutor Records & ZombieJ)

2010 THE VAULT OF.. SG vinilo 7” – (Liquidator Music)

2012 ROY ELLIS meets TRANSILVANIANS SG vinilo 7″ (en preparación)

Albums:
2010 VAMPIRE LOVER CD (ZombieJ).

Recopilatorios:
2008 SERÁ SI HAY, UN TRIBUTO A POTATO – Transilvanians incluye ‘Kiki’ (SoundRebel)
2011 CANTA HISTORIA NA BARRIADA, XX ANOS DE SKACHA – Transilvanians incluye ‘The Ghost of Bouzas’ (La Contra Records)
2012 A TRIBO TODA BAILA, TRIBUTO A RESENTIDOS – Transilvanians incluye ‘En Kampuchea’ (Warner Spain)

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
5 €